Que é PIB?

O noso “Produto”, ao igual que a roupa “interior”, é o que levamos dentro e, até agora, non se adoitaba amosar.

O PIB (Produto Interior Bruto) é o que nos define. A nosa riqueza a potenciar e exportar.O noso “Produto”, ao igual que a roupa “interior”, é o que levamos dentro e, até agora, non se adoitaba amosar.Ás veces semella rudo, feo ou cómico, pero é propio, aínda que queiramos compartilo. É o que levamos máis apegado a nós. É irrenunciable e sempre en contacto co máis valioso.

Chegou a hora de exhibir a nosa mercadoría, o noso “Produto Interior Bruto”. E que mellor escaparate que nunha webserie de humor golfo baseada en experiencias reais onde non existe corrección política nin límites para os seus protagonistas, o Richi e o Maxi?

Para iso creamos un microcosmos suREALISTA TRÁXICO onde, ao igual que na tradición oral, a realidade e a ficción se mesturan. Lendas, crenzas, costumes, contos, anécdotas e cultura popular son a miúdo elementos introducidos con adaptacións e reinterpretados na trama das historias para marcar un carácter máis propio e auténtico.

O aillamento tan propio do rural galego provoca que os perxonaxes fantaseen, deturpen ou lle outorguen beleza a lugares e situacións das que teñen escaso coñecemento. O espectador, a través do Richi e do Maxi, métese de cheo neste mundo interior onde a Santa Compaña se viste de heavy, O Facebook e o Twitter son o nome dunha discoteca, a Capital semella ser a Terra Prometida e no que non existe máis límite que a realidade que os rodea.